O xerente de Acisa, Jesús Pérez, manifestou: “creemos que esta é unha boa oportunidade para reactivar as accións de dinamización hostaleira con sentidiño, ven programada e cumprindo todas as normas de seguridade. Xa hai mais dun ano que case non se fai algo para o sector e toca reactivalo, a modiño, con prudencia pero con ilusión. A vida segue, e debemos retomar as actividades perdidas, do mellor xeito que poidamos”.
Pérez Prada explicou que “nesta primeira actividade da hostalaría deste ano participan un total de 17 establecementos. Dende o próximo mércores haberá en todos eles dípticos para levar para a casa con todas as tapas que se van poder saborear esta fin de semana. Na nosa web e nas nosas redes sociais, especialmente no facebook de AcisaRibadeo e no Instagram, tamén se poderán encontrar”.
E engadiu: “todos os establecementos, a parte de indicarnos a súa tapa, fixaron cada un deles o horario para servilas, tanto a mediodía como pola tarde/noite, por iso é importante consultar as nosas redes ou os dípticos para saber en que horario se servirán en cada negocio. As tapas terán un prezo de 2 euros en todos os locais e serviranse tanto o sábado coma o domingo.”
O xerente de Acisa dixo que “non foi fácil organizar unha actividade deste tipo nestes tempos, de feito foi moito mas difícil que en condicións normais. Quero agradecer aos participantes que se animaran a facer este tapeo, a incerteza nas normas, na clientela, no tempo…. sempre vota un pouco para atrás. Houbo moito que insistir, pero estou seguro de que se o tempo acompaña este tapeo será un gran éxito e serviranos de proba piloto de cara de cara a novas actividades que poidan programarse no verán”.
Jesús Pérez anima “a toda a veciñanza, de Ribadeo e da comarca, a gozar da boa gastronomía e deste tapeo de fin de semana. É unha boa ocasión para tomar unha caña cunha tapa de dous euros en tres ou catro bares da vila o sábado e facer o mesmo o domingo, iremos comidos ou ceados para a casa e estaremos axudándonos moito. Que mellor plan para desconectar que aproveitar o sábado festivo e o domingo familiar do dia da nai”.
Os establecementos participantes en Tapea con mamá son: Bar Galicia, Delicates, Estopa, Galipizza, Goiás, La Botellería, La Bugalla, La Lira, La Solana, Mareta, Náutico, O Alén, O Indiano, Queimada, Marinero, El Rincón del Gordo e Rosalar.
A campaña foi presentada por Jesús Pérez, xerente de Acisa, e Carmen Cruzado, vogal da asociación ribadense.