Site icon Crónica3.com A Mariña

Taller de márketing dixital en Mondoñedo

O vindeiro sábado 24 de abril, ás 19:30h, terá lugar no Pazo Santomé na rúa Julia Pardo, un Taller de Márketing Dixital. Abordaranse aspectos relativos a como entrar no mundo dixital con éxito, así como aproveitamento de ferramentas e medios para acceder ao entorno dixital dun modo axeitado. Organiza: Universidade Rey Juan Carlos e Concello de Mondoñedo. O acto ten prazas limitadas, polo que é preciso apuntarse na Oficina de Turismo (teléfono 982 50 71 77).

Exit mobile version