Este sábado celebrouse nas pistas de atletismo da vila de Noia o “Campionato Xunta de Galicia 10.000ml – Memorial Alejandro Gómez”. Neste Campionato Galego absoluto, que serviu para homenaxear por primeira vez a memoria do gran atleta vigués, representou as cores do Ría de Foz, Simón Río. A carreira protagonizada polo atleta mariñán foi dunha enorme valentía, posto que comandou a proba desde as primeiras voltas. Despois dun esforzo titánico, Simón cruzou a meta na segunda posición.