A Deputación de Lugo financiou a creación do mural, ao que o Concello de Foz quixo aportar un verso dun dos maiores referentes da escrita en galego e o nome da ubicación desta obra.
A cultura galega plásmase grazas ás mans dun artista galego, neste caso do mundo da pintura, e continuase así coa conmemoración e posta en valor do legado de Rosalía.
Dende o Concello agradecen á Deputación o seu traballo na difusión da nosa cultura e continuará traballando en Foz na expansión da mesma.
“Despois da posta en valor do coñecido como Banco das Mentiras, con este mural continuamos engalando Foz”, destacou o alcalde, Fran Cajoto.