Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxección da curtametraxe “Mondoñedo” no Auditorio Municipal

Mondoñedo, 17 de abril, 2021. O vindeiro venres día 23 de abril do 2021, ás 19:30h, terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da Curtametraxe “Mondoñedo”.

Esta curtametraxe conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces.

Nesta curtametraxe participa xente do Concello de Mondoñedo.

Para a asistencia é preciso levar casos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe.

Organiza: Concello de Mondoñedo

O acto ten prazas limitadas, polo que é preciso apuntarse no Concello de Mondoñedo a partir do luns día 19 (teléfono 982 52 40 03).

A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.

Exit mobile version