Así, nesta ocasión, os populares reuníronse con representantes do Ribadeo FC para trazar as liñas de colaboración de cara a celebración da edición número 70 do trofeo Emma Cuervo, o vicedecano dos trofeos de verán en España.
A xuntanza tivo lugar nun marco incomparable como son as instalacións da fábrica de Sargadelos, icono da cerámica galega. “Desta maneira volvemos mesturar a cultura e o deporte”, segundo manifestou Tito Suárez.
Tito Suárez destaca a importancia de inxectar financiamento para o deporte e por iso “a colaboración das distintas administracións é fundamental”. Neste sentido, o coordinador de deportes explicou que “seguimos xestionando inversións para as entidades deportivas da nosa vila. Seguimos traballando, seguimos sumando”, conclúe.