Ribadeo, 16 de abril de 2021.
Jacobo Rey achegouse aos centros para agradecer ás profesionais que alí traballan todo o esforzo que están a realizar neste curso para garantir a aplicación de protocolos de fronte á covid-19. Medidas de seguridade e hixiene que permitiron que as nenas e nenos de 0 a 3 anos continuaran acudindo ás aulas coa máxima normalidade posible.
Gratuidade dos segundos fillos
O director xeral recordou tamén que este é o primeiro curso completo no que se está a implantar a gratuidade para segundos fillos e sucesivos. Deste xeito, aproximadamente máis de 400 nenas e nenos dos concellos da Mariña están a recibir unha atención educativa infantil gratuíta no seu centro, sexa da titularidade que sexa.
Galicia converteuse en pioneira da gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos. Esta medida aplícase no 100% dos centros públicos autonómicos, nos de iniciativa social e nos privados que reúnan as condicións necesarias. Así mesmo, aquelas escolas infantís municipais que estean ao corrente dos pagos ao Consorcio Galego de Igualdade a Benestar tamén poderán solicitar adherirse a esta iniciativa.