Viveiro, 24 de abril, 2021. A recuperación e potenciación do sector turístico e fundamental para a reactivación da economía despois da crise ocasionada pola pandemia da Covid-19, dada a dependencia deste sector tanto a nivel do estado como a nivel autonómico. Sendo
este razoamento aínda mais importante no caso do concello de Viveiro, que basea aproximadamente un 50% da sua actividade económica no sector servizos.
A oficina de turismo de Viveiro é visita obrigada para moitas das persoas chegan ao concello, catalogado como de excelencia turística, e que demandan información das moitas posibilidades de ocio vacacional que ofrece Viveiro. Sendo prioritario ter un horario de atención o publico que cubra tódos os días da semana, podendo minimizar o
horario de luns a xoves, para potencialo de venres a domingo, que son os días de maior afluencia de visitantes.
A día de hoxe a oficina de turismo ten o seguinte horario:
De Luns a Venres: de 10 a 14 horas e de 16:30 a 19 horas
Sábados: de 11 a 13:30 horas
Domingos: Pechado
Entendemos que non se lle pode pedir á persoa responsable da oficina, cunha cualificación adecuada para o posto e que leva moitos anos con un alto nivel de desempeño do mesmo, que ela soa cubra este horario que demandamos.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:
1. Adopción das medidas necesarias para posibilitar un horario de atención o publico de luns a domingo na oficina de turismo.