Xove, a 21 de abril, 2.021. O Concello continúa co seu plan de loita contra as velutinas. Neste sentido, asinouse o pasado ano un convenio coa Empresa SERPA (Servicio Privados Anti-Velutina) que reduxo nun 60% os niños. Este ano, segundo da campaña, a empresa instalou polo Concello unhas 1.500 trampas xeolocalizadas co fin de chegar ata unha reducción do 80% desta especie agresora.
Esta campaña realízase durante tres meses na primavera, do 15 de marzo ao 15 de xuño, e está orientada a capturar as raíñas, xa que son elas as que crean os niños. A campaña non está orientada a capturar as velutinas normais, senón as raiñas, xa que sen elas non hai velutinas.
Se o anterior é importante, para continuar con esta loita de erradicación tamén hai que ter en conta á poboación local, a cal pode axudar moito a esta loita colocando as súas propias trampas. Con este fin, personal da empresa SERPA desprazouse hoxe a Xove e, aproveitando que é día de mercado, instalou un posto no que se repartiron gratuitamente trampas a todos os veciños que se interesaron. Debido ao Covid, non se puido facer unha charla informativa para explicarlles a maneira de construílas. Xunto coas botellas-trampa que se entregaron, o personal da empresa explicou o funcionamento das mesmas; xunto con cada botella iba un folleto explicativo, no que se incluían 2 receitas ou mezclas de líquido para a súa captura:
Mezcla 1: 1 litro de zumo de arándanos + 1 bote de cervexa negra con alcohol.
Mezcla 2: 1 litro de auga + 1 pocillo de zucre + 25 gramos de levadura de panadería.
Todo isto ten unha dobre vertente medio ambiental:
-Por unha banda, a eliminación de raiñas e de velutinas contribúe á conservación dos nosos ecosistemas.
-A utilización de botellas-trampa, para cuxa construcción se poden usar botellas de plástico, contribúe tamén ao reciclaxe, xa que lle estamos dando unha segunda vida a esas botellas, que poden ser usadas durante moito tempo para este fin.