Isabel Rodríguez anunciou que neste mes de abril, o Concello de Ourol e a Dirección Xeral do Catastro formalizarán un convenio de colaboración, co que os veciños deste municipio da comarca da Mariña terán máis facilidades para o acceso a información e tramitacións relacionadas co Catastro.
A subdelegada felicitou ao alcalde de Ourol pola iniciativa que, sen dúbida, redundará en beneficio dos veciños pois o Concello daralles apoio á hora de realizar trámites en materia catastral.
Coa sinatura deste convenio, Ourol incorpórase á lista de municipios da provincia que manteñen acordos de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro. Os concellos que xa manteñen este tipo de convenios son Lugo, Monforte de Lemos, Viveiro, Cervo, Chantada, A Fonsagrada, Foz, O Incio, Lourenzá, Monterroso, Palas de Rei, Ribadeo e Burela. En total estes trece concellos contan con un parque inmobiliario composto por 212.035 inmobles, que supoñen algo máis da metade do total da provincia.