Lugo, 5 de abril de 2021. Dende o PsdeG na provincia de Lugo amósamos o noso total apoio ás mulleres que foron violentadas na súa intimidade en San Cibrao, na pasada celebración da Maruxaina no 2019, e polas que se celebrou unha manifestación de apoio moi concorrida, e que foi secundada por parte das veciñas e veciños da Mariña lucense.
Así o dixo hoxe a Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero. “Dende as nosas siglas queremos apoiar as vítimas destas agresións e amosar o noso rexeitamento a estes actos intolerables”, afirmou.
“Os Socialistas da provincia de Lugo manifestamos a nosa enérxica repulsa a estes comportamentos repugnantes, que teñen como unica finalidade a denigración contra as mulleres. Por iso dende aquí, queremos que saiban que contan co noso total apoio. E confiamos en que finalmente estes comportamentos, que son obxecto da máis rotunda condena social, atopen tamén a resposta xudicial que merecen as vítimas”, dixo Patricia Otero.