En opinión do portavoz popular, “a mellor proba proba de como está esta estradas son as numerosas reclamacións que chegan a Deputación por danos en vehículos”.
Castiñeira avisa ao presidente da Deputación de que “o PP vai seguir na súa liña de traballo en demanda de melloras nas estradas provinciais”. Será así -di- “por moito que lle pese ao presidente da Deputación e nos chame artistas callejeros; o de artistas quédanos moi grande, pero, do de callejeros, teño que dicir que estaremos alí onde nos pidan os veciños e, neste caso, son veciños das tres localidades que xa citei. Demandamos o arranxo do firme desa estrada e que se deseñe canto antes o plan de estradas que vimos reclamando; nese plan podería incluírse o arranxo desta estrada”.
O portavoz popular manifestou: “Debe mellorar moito a xestión da área de Vías e Obras. Así o reclamaron os alcaldes do PP días atrás petando no chan con cascos de obra, diante da Deputación, e o facemos hoxe na LU-P 4401; seguimos petando no chan para que a Deputación arranxe esta estrada o antes posible”.