Site icon Crónica3.com A Mariña

Os parques do Consorcio ao servizo do Concello de Lugo para mitigar os danos no lume do Ceao

Lugo, 11 de abril de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo e do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Tomé Roca, puxo esta mañá os parques de Sarria e Vilalba ao servizo do Concello de Lugo para axudar a mitigar o incendio orixinado no polígono industrial do Ceao e que danou a varias naves industriais. Así o confirmou Tomé, nunha visita á zona arrasada polo lume, na que comprobou os danos e explicou que as dotacións de Sarria e de Vilalba achegáronse á capital da provincia para reforzar aos efectivos municipais. O Presidente estivo acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

“Puidemos comprobar que os danos son enormes, hai naves completamente colapsadas e as perdas son tremendas. Estamos a disposición do Concello e tamén dos empresarios”, dixo Tomé, que tamén trasladou a súa solidariedade ao delegado provincial da Confederación de Empresarios, Jaime López.

Desde o Consorcio Provincial tamén se alertou aos parques de bombeiros de Barreiros e Monforte para dar cobertura, en caso de necesidade, ás zonas que quedaron sen efectivos.

Exit mobile version