Site icon Crónica3.com A Mariña

Os 10 premios das cuartas xornadas gastronómicas imPULSA Foz xa teñen gañadorxs

Foz, 21 de abril de 2021. Esta mañá celebrouse en Radio Foz o cuarto sorteo de dez vales de 50 euros cada un para gastar no comercio e na hostalería local focense, iniciativa que se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que a pasada fin de semana estiveron dedicadas á horta da Mariña.

Os gañadores destes vales, que serán entregados este venres, son: Elías Goyos, Antonio Ortiz, Jaime López, Jorge Moreda, Andrea Fernández, Natalia Rodríguez, Ana Soraya Ramos, Marisol Tejerina, Javier Incera y Ana Goyos.

Ao sorteo celebrado hoxe asistiron o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.

As Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz foron organizadas polo Concello en colaboración con AciaFozCCA. O edil delegado de Comercio fixo “unha valoración positiva destas catro xornadas dedicadas á gastronomía, que comezamos en marzo co arroz, seguiron coa faba de Lourenzá e as tradicionais tapas de Semana Santa para rematar esta pasada fin de semana cos produtos da horta da Mariña”.

Chema Linares destacou “a absoluta colaboración por parte dos 41 establecementos participantes, aos que hai que agradecerlles o gran esforzo que fixeron durante as catro xornadas, e a elevada asistencia de clientes que houbo, como se demostra polo gran número de papeletas que entraron nos sorteos”.

O concelleiro de Comercio engadiu que o Concello “aportou 400 euros a cada un dos establecementos participantes, como axuda directa para a compra da materia prima que usaron para as xornadas. E esperamos seguir con este tipo de iniciativas nun futuro porque a experiencia resultou positiva”.

Exit mobile version