O Concello da Pastoriza denegou o permiso de explotación na concesión Alicia 5917 -que afecta os concellos de Abadín, Castro de Rei, A Pastoriza e Vilalba-, alegando que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) estaba caducada (databa do ano 2005) e que o informe da Consellaría de Medio Rural era negativo ao pretender realizarse as extraccións de seixo en solo rústico de especial protección agropecuaria no que se fixeron grandes investimentos en procesos de concentración parcelaria.
Ademais de desestimar o recurso de Erimsa, a xuíza María de los Ángeles Braña tamén impuxo o pagamento das costas do proceso xudicial á compañía mineira.