Tras a celebración no día de onte da gala de entrega destes premios en San Sebastián, o presidente da Apehl, Cheché Real, quere facer pública a súa felicitación a estes dous establecementos de hostelería da provincia que “seguen dando tantas alegrías culinarias aos seus clientes. Esta información é digna de subliñar porque estes galardóns repercuten de maneira individual, pero tamén promoven o recoñecemento de todo o sector e a promoción de toda a nosa provincia”.