Castiñeira explica: “Os veciños de O Cadramón, no concello de O Valadouro, reclaman á Deputación de Lugo que arranxe canto antes a estrada provincial LU-P 6305, que dá acceso a vivendas, montes comunais con gando e a parques eólicos, así como ao repetidor de televisión. Esta estrada está en moi mal estado, abandonadísima; é unha estrada de montaña e tal como está é perigosa. É unha estrada perigosa, que dá servizo a veciños de núcleos do interior da zona da montaña de O Valadouro”
O mesmo responsable popular sinala que na LU-P 6305 “as fochancas son enormes, de maneira que está impracticable”. Afirma: “ É necesario circular por ela en vehículos todo terreo. Chegou o momento de arranxar esta vía, porque non se fixo mantemento durante os últimos anos”. Lembra que o grupo provincial do PP presentou un rogo na Deputación para solicitar a reparación desta vía, “e pedímolo agora publicamente”. Castiñeira destaca que “os veciños están cansos de que non lles fagan caso, tal e como nos explicou Xosé Manuel Lamela, voceiro do PP en O Valadouro. “Están fartos de que ninguén lles faga caso; esperemos que a Deputación se tome en serio esta demanda dos veciños e arranxe canto antes esta estrada”, sinala Javier Castiñeira.