“Convocamos este pleno para falar da herdanza do Doutor Moreda e das melloras que temos que facer no hospital-asilo. Hai unha obriga de explicar aos cidadáns do noso pobo que se fai a facer con ese patrimonio”, remarca o líder do PP neste municipio da Mariña.
Tal é así que, indica, “queremos traballar conxuntamente para traballar e analizar que orzamento ten e que fin vai a ter”, defendendo que hai que investir no hospital-asilo. “A herdanza así o di. Todos, dende o goberno, o corpo técnico, á representación que designe a familia e ás distintas administracións que colaboren tamén na reforma lles debemos dar cabida”. A este respecto, Vega reivindica que se trata de crear “unha comisión técnico-política” para buscar a mellor fórmula a un legado que, por riba de todo, pertence á vila de Ribadeo e aos seus habitantes.