A finalidade destas subvencións é conceder axudas ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social do COVID–19, teñan problemas transitorios para atender ao pagamento parcial ou total do alugueiro.
Para poder optar a esta axudas hai que cumprir certos requisitos, como ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda situada en Galicia cunha duración mínima dun ano, que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa solicitante e da súa unidade de familiar, estar ao día do pagamento da renda do alugueiro dos tres últimos meses inmediatamente anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda e estar en situación de vulnerabilidade económica.
A situación de vulnerabilidade económica exixe a concorrencia conxunta dos seguintes requisitos:
-Que a persoa arrendataria pase a estar, a partir do 14 de marzo de 2020, en situación legal de desemprego, expediente temporal de regulación de emprego, ou reducise a súa xornada por motivo de coidados, ou cesado a súa actividade en caso de traballador por conta propia, ou outras circunstancias similares vinculadas á actividade laboral ou empresarial, que lle supoñan unha perda substancial de ingresos.
-Que os ingresos netos de todos os membros da unidade familiar, no mes anterior á solicitude, non acaden o límite de 3, 4 ou 5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), segundo o seguinte cadro:
A contía desta axuda será de ata 500 euros mensuais, sen que en ningún caso poda exceder do importe da renda do contrato, durante un período máximo de seis meses.
O prazo de solicitude remata o día 30 de setembro de 2021.
Para máis información e/ou tramitar a solicitude da axuda, os veciños e veciñas poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982562968.