Burela, 27 de abril de 2021. O Concello de Burela ven de recibir un agasallo moi especial. Trátase dun cadro cunha fotografía dos traballadores da fábrica de Cucurny do ano 1925.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “Gloria de Corneta, unha veciña moi coñecida desta localidade, unha persoa moi activa, que foi pregoeira das festas patronais, quixo ter este detalle co Concello de Burela. Acabamos de recibir este cadro cunha fotografía na que se pode ver aos traballadores da fábrica de Curcurny do ano 1925. Este cadro quedará nas dependencias municipais nun lugar visible e significativo, que decidiremos en datas próximas”.
O edil burelés agradeceu o detalle de Gloria de Corneta “en nome do Concello de Burela”.
Recibiron o cadro esta mañá o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.