Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG logra implicar a Xunta na defensa do toponónimo “Ría de Ribadeo”

Lugo, 27 de abril, 2021. O pleno deste martes aprobou por unamidade unha moción promovida polo BNG en defensa do topónimo “Ría de Ribadeo” ante o procedemento iniciado polo goberno do Estado para modificar a nomenclatura oficial do estuario do Eo.

A moción, presentada como proposta de goberno, inclúe a presentación de alegacións por parte da Deputación de Lugo e tamén insta á Xunta de Galiza a tomar parte no procedemento.

A deputada Mónica Freire, que expuxo no pleno as razóns históricas e sociolinguisticas que avalan o uso de “Ría de Ribadeo” como único topónimo oficial, mostrou a súa satisfacción porque “a posición defendida polo Bng no concello de Ribadeo, no pleno provincial e tamén no parlamento sexa atendida” despois de que o Partido Popular anunciase no debate que a Xunta de Galiza tomará parte no procedemento.

Exit mobile version