Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova convocatoria do programa Prende! Bota raíces no rural

Lugo, 23 de abril de 2021. A sesión deste venres sacou adiante unha nova convocatoria do programa Prende! Bota raíces no rural, que pretende favorecer o emprego de mozos e mozas na provincia. A Xunta de Goberno tomou esta decisión porque por culpa da situación xerada pola pandemia da Covid-19 non se chegaron a cubrir todas as prazas.

Serán dúas liñas de axudas, unha para a contratación de 18 persoas por conta allea e outra para axudar a 2 persoas para crear empresas de economía social, como cooperativas, que estean inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil. No primeiro caso, a Deputación financiará os custos salariais do 50% do Salario Mínimo Interprofesional, no segundo, a administración provincial achegará o 75% do SMI vixente durante 12 meses. “Esta medida permite á mocidade do rural iniciar a súa vida profesional  sen necesidade de cambiar a núcleos de poboación máis grandes, incentivando a contratación por conta allea e cuxa actividade se atope entre hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medio ambiente”, explicou o responsable provincial da Área de Promoción Económica e Social.

As empresas dispoñen agora dun novo prazo ata o 30 de setembro de 2021 para solicitar a contratación de mozos e mozas que se incorporen aos seus cadros de persoal, contando con este financiamento da Deputación.

Exit mobile version