O BNG solicitou a modificación do novo proxecto para que contemple ao sector agro gandeiro galego e a súa realidade. Néstor Rego salientou que “con este proxecto o goberno do Estado deixa fóra do mapa a moitas explotacións de Galiza” e destacou que “existen no noso país boas prácticas agrícolas que redunden na diminución das emisións, por isto, o BNG instou ao goberno español a que elabore un plan para que fomente a extensificación das explotacións” declarou Néstor Rego.
O proxecto de Real Decreto polo que se estabelecen as normas para a nutrición sustentábel dos solos agrarios, pretende regular a aplicación de xurros e esterco, a cal non se adecúa á realidade galega. O proxecto obrigaría ás explotacións gandeiras adaptarse a unha normativa elaborada para otras zonas do Estado, o que provocaría “o peche dunha parte do sector do leite e o vacún, este proxecto normativo descoñece totalmente o noso territorio e as súas singularidades, non é o mesmo a Terra Chá que A Montaña, ademais do tipo de explotacións coas que contamos” sinalou o deputado Néstor Rego.
PAC
O deputado no Congreso tamén sinalou a necesidade de que o Ministerio de Agricultura desenvolva un mellor reparto da PAC, xa que os regulamentos aínda non son definitivos e o Ministerio conta con ferramentas para aplicar un reparto máis xusto entre os territorios, o que o deputado sinalou que “o goberno español está negando parte dos fondos da PAC a Galiza, isto significa que o noso agro segue padecendo a centralización dos fondos” no que fixo fincapé en que “o Ministerio ten aínda tempo a desenvolver un mellor reparto das axudas”