O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, reuniranse co comité de empresa de Alcoa. Tamén estarán acompañados polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e polos deputados autonómicos José Manuel Balseiro e Daniel Vega.