Burela, 7 de abril, 2021. A presidenta de Mulleres en Igualdade de Burela, Mari Fraga, falou este martes en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz. Referiuse ao éxito da convocatoria do pasado domingo en San Cibrao e tamén á campaña de recollida de sinaturas para levar o asunto ao parlamento de Galicia. Fraga agarda que o xulgado de Viveiro recapacite e reabra o caso dos vídeos gravados ilegalmente a mulleres na edición do 2019 da Maruxaina.
Escoita aquí completa a conversa