Site icon Crónica3.com A Mariña

Maite Ferreiro ao PP: “Rexeitamos calquera comentario e comportamento machista, non nos metan na súa lameira”

Lugo, 27 de abril de 2021. Maite Ferreiro expresou “o rexeitamento do BNG a calquera dos comentarios ou comportamentos machistas que perviven nesta sociedade patriarcal” durante o debate dunha moción á respecto das declaracións de José Tome sobre a vestimenta da deputada autonómica Elena Candía.
“O BNG condena os comentarios e comportamentos machistas, que nos afectan a todas as mulleres, veñan de onde veñan”, incidiu a deputada provincial que pediu ao partido da oposición que “non nos metan na súa lameira. Non imos consentir que utilicen ao BNG e ás mulleres para lavar a cara dos populares”, sentenciou a deputada e vicepresidenta nacionalista ante a moción que demandaba a rúptura do goberno provincial formado por PSOE e BNG

“É indignante que utilicen as mulleres dun xeito partidista”, zanxou Maite Ferreiro tras expoñer a “hiprocresía” de integrantes do Partido Popular que no propio pleno provincial “criminalizaron o feminismo culpabilizándoo da expansión da pandemia” ou negarron a necesidade de “avanzar na protección e acompañamento das vítimas de agresións machistas”.

A vicepresidenta lamentou “o abandono do pleno por parte do único partido da oposición, cando todas as exposicións que se fixeron ían na liña de condenar os comportamento e comentarios machistas que nos afectan a todas as mulleres. Con esta actuación semella que só se sinten ofendidos cando os comentarios van dirixidos a representantes dos populares”, concluíu.

Exit mobile version