Alfoz, 7 de abril, 2021. Trátase dunha nova edición co mesmo formato ca realizada o outono pasado.
O prazo de entrega de fotografías será do 15 de abril ata o 31 de maio. Dirixido a afecionados á fotografía a partir de 16 anos, que poderán optar aos 3 premios da categoría de mellor fotografía. Cada participante pode presentar 2 imaxes, as cales deberán mostrar a riqueza de Alfoz nos seguintes campos: Espazos naturais de interese, de lecer, culturais, etc ou Patrimonio monumental, arqueolóxico e etnográfico.
Os premios son: 1º premio 300€, 2º premio 200€ e 3º premio 150€.
Pódense consultar as bases no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1qGdQUcXG9cZhaRaeUt3ewdeCodd32KXU/view?usp=sharing, e descargar o modelo de inscrición en: https://drive.google.com/file/d/1x0oQHuu3ynVeD2RcOVTkTn1sWZC-xY33/view?usp=sharing. publicados na web do concello na sección de noticias.
Esta proposta está subvencionada polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo, dentro da Área de turismo coa finalidade de promocionar o municipio como destino turístico, potenciando sobre todo a súa beleza natural e historia. Completarase nun futuro cunha exposición das obras presentadas ao certame no Castelo de Castro de Ouro, onde se poden ver as instantáneas da edición anterior “Alfoz en outono” os sábados, domingos e festivos de 12.00h a 19.00.