Viveiro, 19 de abril, 2021. Tralo éxito da iniciativa posta en marcha para a campaña do Dia do Pai, na que se sortearon 5 caixas sorpresa “Experience Comercio Local” e outras 5 caixas sorpresa “Experience Gastronomía local” apostamos por repetir o mesmo formato para a campaña do Dia da Nai. A campaña foi un éxito de participación motivado principalmente pola intriga que xerou o contido das caixas, e o importe en premios que tiña cada unha.
Por iso nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos de novo 5 caixas sorpresa “Experience Comercio Local” e outras 5 caixas sorpresa “Experience Gastronomía local” As caixas “Experience comercio local están compostas por diferentes produtos e servizos dos negocios asociados ó CCHV, e as Caixas “Experience Gastronomía Local” conteñen unha experiencia gastronómica en familia en calquera dos negocios de hostalaría asociados ó CCHV. Serán un total de 1.500€ en premios, sendo o valor de cada caixa 150€.O contido detallado de cada caixa será unha sorpresa ata o momento no que se faga entrega ós gañadores.
Os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€. Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o martes 20 de abril ata o sábado 1 de maio. O sorteo realizarase o martes 4 de maio ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, e comunicaráselle de inmediato ós gañadores. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.
Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases da campaña e tódala información podese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.