Foz, 23 de abril de 2021. O concelleiro de Comercio focense, Chema Linares, entregou hoxe, venres, no Cenima os dez premios do sorteo para os participantes das cuartas xornadas gastronómicas da iniciativa imPULSA Foz, que se celebraron a pasada fin de semana e estiveron dedicadas aos produtos da horta da Mariña.
Durante as catro xornadas gastronómicas imPULSA Foz celebradas en marzo e neste mes de abril houbo un total de 40 premios, consistentes en vales de compra de 50 euros cada un para gastar na hostalería e no comercio focenses.
As xornadas gastronómicas imPULSA Foz foron organizadas polo Concello coa colaboración da ACIA local dentro do plan municipal de impulso á hostalería e ao comercio de Foz.