Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega, agradece ao director xeral de Familia, e ao xerente da Axencia Galega de Servizos Sociais o traballo da Xunta de cara ao impulso da escola infantil de Ribadeo

Tralo investimento de máis de 45.000 euros para o acondicionamento global das súas instalacións e a contratación dunha camareira-limpiadora, a Xunta tamén financiou a adquisición de novo vestiario con motivos infantís. “O deseño correu a cargo dunha empresa ribadense, unha iniciativa coa que contribuír a dinamizar a economía local”, segundo explicou Vega. O Grupo Municipal seguirá preocupándose pola escola infantil de Ribadeo.

Exit mobile version