As obras permitiron mellorar o pavimento, a adecuación da iluminación interior, a mellora dos aseos, desaugadoiros, rede de saneamento e da sinalización no interior. “Son pasos importantes para a mellora de toda a Praza de Abastos”, indica.
Vega destaca que “a Xunta está a investir no noso pobo” e asegura que “dende o Grupo Municipal Popular seguiremos colaborando cos praceiros na xestión de axudas directas e na posta en marcha de máis actuacións para a promoción deste espazo e a posta en valor dos seus produtos de calidade e de proximidade”.