Trala realización das probas, convida a “continuar cumprindo a normativa sanitaria porque é moi importante para seguir garantindo que Ribadeo sexa un espazo de seguridade sanitaria”.
Agradecementos
Vega agradece “aos profesionais sanitarios do Sergas polo seu traballo; así coma á xerente do hospital da Mariña; ao delegado territorial da Xunta, á xefa territorial de Sanidade”.
Tamén ten palabras de agradecemento para as asociacións de veciños de Arante, Remourelle, Bestilleiros, Vilamariz e A Ponte pola súa colaboración porque “o seu traballo facilitou un alto nivel de participación”. Nese sentido, Daniel Vega cre que “toda a parroquia foi un exemplo”.