Site icon Crónica3.com A Mariña

Con oito casos de coronavirus en Viveiro, O Concello sostén que “a situación está controlada”, pero demanda “extremar a precaución e non baixar a garda”

Viveiro, 21 de abril de 2021. O Concello de Viveiro, dentro da transparencia que lle caracteriza dende que empezou a pandemia, informa que a situación epidemiolóxica do municipio variou nos últimos días. O fin de semana había 4 casos e, segundo a información facilitada por Sanidade no día de onte á alcaldesa, María Loureiro, o número de positivos subiu a 8.

Polo tanto, aumentou de forma lixeira a incidencia acumulada, que nos últimos 7 días se sitúa entre 25 e 75. Sanidade transmitiulle ao concello que parece que a situación está controlada, que non hai máis risco de transmisión e que se trata dunha familia que vén doutro concello de Galicia.

Neste sentido, o concello fai un novo chamamento para extremar a precaución, porque aínda que a situación non é preocupante, en calquera momento pode haber un incremento dos casos, polo que resulta fundamental que se sigan cumprindo todas as medidas e non baixar a garda.

Exit mobile version