Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a entrega de composteiros aos veciñxs da Pontenova

A Pontenova, 1 de abril de 2021. O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde comezou a campaña de reparto de composteiros aos veciños e veciñas da vila. O rexedor avanzou que ata agora “xa entregamos un total de 57 composteiros, cubos, aireadores e manuais”. Esta iniciativa está enmarcada dentro das axudas aos Concellos da Xunta para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal. E forman parte dela os concellos do punto limpo, que son os municipios da Pontenova, Meira, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto e A Pastoriza.

Campos Conde explicou que a entrega pode realizarse ata o mes de setembro. Ademais o Concello da Pontenova tamén dispón de outros 8 composteiros máis grandes, cunha capacidade de 900 litros, destinados aos negocios da vila.

O Alcalde convidou a todos os veciños a participar neste programa. “Entre todos temos que contribuír a mellorar o noso medioambiente, promovendo a compostaxe e a educación en torno ao tratamento da fracción orgánica e os seus beneficios ambientais. Ademais, tamén contribuímos a reducir os custos dos servizos na recollida do lixo na nosa vila”, explicou.

Exit mobile version