1ª: un obradoiro creativo e lúdico en torno á lectura e os libros dirixido á nenas e nenos de 3 a 12 anos. Levarase a cabo na Biblioteca Pública de Alfoz de 17.00h a 19.00h.
É preciso inscribirse previamente, desde o luns 19 ao xoves 22 no Concello (Rexistro), sendo grupos reducidos e adaptados á normativa actual, cumprindo todos os protocolos contra a Covid-19. A inscrición, ademais de estar dispoñible nas oficinas de rexistro do Concello, poden descargarse no seguinte enlace da web municipal:
https://drive.google.com/file/d/1MTnnSP5g_109DvKl1QAu_V3AzZzEVW8Q/view?usp=sharing
Para máis información poden poñerse en contacto a través do teléfono 982 558 001 (ext. 2).
2ª: “Xogo revolto”, teatro de monicreques de Trécola dirixido a público familiar. No Salón de Actos de Cultura ás 19.30h. Entrada gratuita, limitación de aforo.
Catro protagonistas, cada un deles cunhas experiencias vividas, cada un deles entende a vida da súa maneira, cada un deles é especial e único. Son amig@s, xogan e aprenden xunt@s aínda que as veces non saiban comunicarse ou comportarse como debiran…
Unha proposta na que nenas e nenos se sinten directamente identificad@s dende o principio xa que o guión está baseado en situacións da súa vida cotiá. Durante toda a obra daránse conta de que o seu comportamento inflúe directamente no que poidan sentir as personas que @s rodean.
Tentamos a través dunha obra moi divertida protagonizada por marionetas de fío que a visibilización de certos comportamentos den lugar á reflexión personal e a un posterior debate entre nenas e nenos que @s leve a descubrir solucións conxuntas a situacións imaxinarias o mesmo do seu día a día.