As actividades formativas de Apaga seguen tamén estes días en Ribadeo. Este venres concluíu a segunda edición do curso de interpretación de planos no sector naval. Deu comezo o 19 de abril e termina hoxe. A terceira edición dará comezo o vindeiro luns, 3 de maio. Estaleiros Gondán, de Castropol, colabora con Apaga na organización destes cursos destinados ao sector naval.
E o vindeiro domingo, día 2, seguirá tamén en Ribadeo o curso sobre venda en liña e redes sociais. Desde o pasado 25 de abril ten lugar todos os domingos pola tarde ata o 23 de maio. Está a ser impartido por Andrea Lombardía e Silvia Martínez. Os destinatarios son o comercio local, as pemes e as microempresas.