Ribadeo, 30 de abril de 2021. Catro alumnos de Chantada, Pamplona e Murcia realizan durante tres meses prácticas na empresa Caetano Baviera BMW, de Porto. Fano da man de Apaga e dentro dos proxectos Erasmus +. Ata a cidade portuguesa desprazouse o presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, que cualificou de “importante la formación que estos jóvenes recibirán durante las próximas semanas, que servirá para completar los estudios que están realizando en sus respectivos centros”.
As actividades formativas de Apaga seguen tamén estes días en Ribadeo. Este venres concluíu a segunda edición do curso de interpretación de planos no sector naval. Deu comezo o 19 de abril e termina hoxe. A terceira edición dará comezo o vindeiro luns, 3 de maio. Estaleiros Gondán, de Castropol, colabora con Apaga na organización destes cursos destinados ao sector naval.
E o vindeiro domingo, día 2, seguirá tamén en Ribadeo o curso sobre venda en liña e redes sociais. Desde o pasado 25 de abril ten lugar todos os domingos pola tarde ata o 23 de maio. Está a ser impartido por Andrea Lombardía e Silvia Martínez. Os destinatarios son o comercio local, as pemes e as microempresas.