A tripulación feminina clasificouse o sábado e asegurou o su pase á final do Domingo onde lograron un meritorio 5° posto moi reñido na última palada con Mecos.
Os remeiros masculinos saíron no 4° puesto da súa tanda demostrando, como as súas compañeiras do Club, que están en moi boa liña e codéandose cos mellores clubs de toda Galicia.
Así o reflicten os resultados obtidos na clasificación xeral do Campionato Galego. O Club de Remo de Celeiro quedou 5° coa tripulación feminina e 8° coa masculina.
O Club atópase dentro do top 10 de Galicia, xa que no campionato participaron un total de 24 Clubs.