O popular lamenta que “é unha pena que non se houbera resolto antes, xa que tiveron varias ocasións”. Cabe lembrar, advirte, que “tanto os nosos compañeiros no Congreso -Jaime De Olano e Joaquín García Díez-, como nós memos -os senadores do PP- presentamos emendas aos orzamentos nas que se contemplaban estas actuacións; por certo, moito máis ambiciosas que as do Sr. Mogo, pero votaron en contra”. “Daquela dixeron que non e agora e din que si coa boca pequena”, insiste o popular.
Barreiro cuestiona, deste xeito, que se establezan frecuencias a demanda porque “entrariamos nun círculo vicioso” e convida aos socialistas en xeral a que “se comprometan de verdade co ferrocarril na provincia e co da cornixa cantábrica”.