Foz, 21 de abril, 2021. Este venres 23 de abril celébrase o Día do Libro.
En Foz, as librerías da vila sairán á praza situada na Glorieta de Vilalba, alí terán durante todo o día stands con libros e estarán acompañadas de música para ambientar a xornada.
Durante todo o día, como corresponde ao día que se celebra, todos os libros terán un 10% de desconto. Ademais estarán tres escritoras pola tarde para asinar as súas obras:
De cinco a seis e media estarán as poetas María Lado e Lucía Aldao que asinarán exemplares da súa última obra Ninguén morreu de ler poesía, editada por Xerais. Más tarde, ás oito actuarán na Casa da Cultura nun acto organizado polo Concello de Foz
De seis e media a oito estará o poeta local Paco Rivas que asinará exemplares das súas últimas obras: Rosas envaíñadas e A lúa non era lúa, editadas por Medulia editoria e Edicións Embora respectivamente.
As oito e media, hora de peche, farase un sorteo de tres vales de compra por valor de 30,00€ cada un para canxear en cada unha das librerías que participan na xornada: Ofifoz, Librería A Rapadoira e Librería Bahía.