Como introdución ao Congreso, están tendo lugar as Catas …E para comer, Lugo no Camiño, que son impartidas por Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño, nivel 3 da Wine & Spirit Education Trust (WSET) e representante de Galicia no Campionato de España de Sumilleres ata en cinco ocasións.
Tras a celebración de dúas delas en Portomarín e Quiroga, o vindeiro mércores 5 de maio remata o ciclo en Lourenzá, no establecemento O Forno de Tovar (Pacio, 1. Santo Tomé), de 16:30 a 19:00 horas.
Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, cuxas prazas son limitadas para cubrir coas limitacións de aforo, débense inscribir a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12 ou desde a web apehl.org.