O alcalde, Fran Cajoto, explica: “procedeuse ao aglomerado da rúa Julia Minguillón e da subida ao IES da localidade, viais que pasaron de ser camiños urbanos a rúas urbanizadas. Deste xeito, continuamos co noso firme compromiso da mellora da accesibilidade en todo o casco urbano. Os traballos rematarán unha vez que se complete a sinalización vertical e horizontal e o recrecido dos rexistros de servizos públicos. Rogamos a veciñas e veciños desculpen as molestias durante a execución das obras”.