Viveiro, 19 de abril de 2021. O Concello de Viveiro informa da apertura do prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2021-2022. O prazo estará aberto a partir de mañá, martes 20 de abril, e ata o vindeiro 31 de maio de 2021.
As persoas interesadas no servizo poden recoller as solicitudes de preinscrición na Escola Infantil Munipal, no Centro de Servizos Sociais ou na propia web do Concello de Viveiro.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica.
No caso de xurdir algunha dúbida, as persoas interesadas poden contactar cos teléfonos 982561461 (Escola Infantil Municipal) ou 982550421 (Centro de Servizos Sociais).