Site icon Crónica3.com A Mariña

A subdelegada analizará o proxecto de rexeneración da praia de Altar cxs alcaldxs de Foz e Barreiros

Lugo, 16 de abril de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co xefe provincial de Costas, José Miguel Estevan, no que trataron sobre as actuacións previstas para os distintos concellos da comarca da Mariña.

Entre os proxectos que abordaron figuran o de estabilización da praia de Altar, no concello de Barreiros, que actualmente se atopa a exposición pública. Ademais trataron sobre o proxecto de creación do paseo de Os Castelos, no municipio de O Vicedo, que está en fase de redacción, así como as intervencións de conservación e mantemento previstas para este ano, entre as que hai varias dirixidas á protección dos sistemas dunares.

Respecto do proxecto de estabilización da praia de Altar, a subdelegada lembrou que está sometido ao procedemento de información pública para recoller as achegas que queiran facer todas as institucións, colectivos e cidadáns.

A subdelegada asegurou que todas as opinións serán avaliadas e tidas en conta e tamén expresou a súa total receptividade a recibir, nos próximos días, aos alcaldes de Barreiros, Ana Ermida, e Foz, Fran Cajoto.

Exit mobile version