Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Solo no le gustaba su nombre” de Pepe Peinó preséntase en Lugo

O vindeiro venres, día 23 de abril (Día do Libro), no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Lugo, Pepe Peinó presentará a súa novela “A Solo no le gustaba su nombre”. O acto será ás 19,30 horas con aforo limitado, debido aos protocolos Covid. Ademais do autor estarán tamén no acto Bernardo Penabade (lingüista e escritor, que vén de ser nomeado membro da Comisión Técnica do Centro de documentación sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega) e o músico Eloy de la Peña Rivas, que interpretará tres pezas musicais coa gaita galega.

Exit mobile version