Burela, 3 de abril, 2021. As restriccións de mobilidade durante a Semana Santa afectan aos viaxes das persoas, pero non á dispoñibilidade dos produtos gastronómicos de primeira calidade, como a “Pecada do Pincho de Burela”, que esta semana estase podendo degustar en diferentes restaurantes da rede de “Escapada Rural”.
Trátase do maior buscador online de aloxamentos rurais de España e Portugal. Durante a Semana Santa catro das súas casas rurais están ofrecendo receitas especiais de pescada do pincho de Burela nas súas cartas.
Aloxamentos de Castela e León, Castela A Mancha, Extremadura e Cataluña participan nesta promoción. Son o Restaurante El Manadero, na Casa Rural La Parra (Piedrasecha, León); a Casa Rural Camino de la Ermita & Spa (Valdeobispo, Cáceres); o complexo El Mesón (El Real de San Vicente, Toledo); e Can Buch ECOTurisme (Sant Aniol de Finestres, Girona).
Dádalas previsións de incremento do turismo interior e rural debido ás actuais circunstancias de mobilidade, desde a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo «facemos chegar a nosa “Merluza D& Burela” a catro comunidades autónomas dentro dun proxecto de promoción mais amplo no que iremos presentando novas colaboracións con “Escapada Rural”», comenta Sergio López, xerente de OPP Lugo.
A colaboración entre a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Escapada Rural comenzou durante o ano 2020 con presencia no País Vasco e Madrid, e para 2021 xa se teñen planificadas novas accións dentro da súa campaña global “Eu Como Peixe” dirixida a tódolos ámbitos de poboación e promocionando o consumo de peixe como base duns hábitos de vida saudable.
Esta acción conta coa colaboración de Armadores de Burela e está enmarcada no Plan de Produción e Comercialización de OPP Lugo e cofinanciada pola Xunta de Galicia e Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.