Burela, 7 de abril, 2021. A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela a través da súa Biblioteca Pública Municipal ven de convocar o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2021” na súa fase local, de acordo coas seguintes bases:
-Poderán participar todas as nenas e nenos do Concello de Burela con NARRACIÓNS , en galego , cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Artigo 31 Convención sobre os Dereitos do Neno) “.
DEBUXOS, feitos sobre cartulina cun tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema : “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural,(Artigo 31 Convención sobre os Dereitos de Neno) .”
Cada participante pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados , escritos a máquina ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Cada traballo, acompañarase dunha folla co nome e os datos do autor ou autora.
Establécense tres categorías : A , ata 8 anos; B de 9 a 11 anos; C de 12 a 16 anos.
O prazo de presentación dos traballos rematará o venres 7 de maio ás 20 horas, debendo ser entregados na Biblioteca Municipal de Burela.
O fallo do xurado local farase público na segunda quincena de maio. Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.
Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública a cal se reserva o dereito de publicación dos mesmos.