Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG servizos recoñece a traxectoria e o traballo da compañeira Carme Antas con motivo da súa xubilación

A Mariña, 9 de abril, 2021. Dende CIG Servizos Lugo – A Mariña queremos mostrar publicamente o noso agradecemento polo traballo, e poñer en valor a traxectoria da compañeira Carme Antas logo de 32 anos traballando na CIG. O pasado mércores, 7 de abril poñía fin a unha relación laboral , que non de vinculación nin de pertenza , na que se algo destacou sempre foi a súa capacidade de loita, a súa integridade e o poñer sempre por riba os intereses da clase traballadora. E fixoo ademáis dende un sector como o noso, o dos servizos, cun alto índice de precariedade laboral e altamente feminizado. E nese senso Carme xogou tamén un papel fundamental no papel da dignificación da muller no traballo e nas relacións laborais. Para Xoán Díaz, secretario comarcal da federación “ Carme Antas é todo un referente no sindicalismo en Lugo, unha persoa que defendeu sempre con vehemencia aquilo no que cre e coa que , mesmo ás veces dende a discrepancia sempre aprendín , aprendimos, a facer sindicalismo de verdade, do que está pegado aos problemas da xente, da clase traballadora, e especialmente no seu caso das mulleres traballadoras”.

Dende a Federación de servizos temos por diante un reto importante, que é seguir estando sen ela á altura do que a nosa militancia e afiliación esperan de nós. E nese senso , a bo seguro que a súa continuidade nos órganos de direcicón da federación nos axudará a manter o rumbo. Porque anque Carme se xubila do seu posto de traballo xamáis se xubilará das súas ideas, e polo tanto na vida orgánica do sindicato, na rúa, en definitiva, na loita , seguirá sendo unha militante máis das que dan a cara sempre en primeira fila.

Só nos queda desexar que disfrute da súa nova situación e que disfrute dunha máis que merecida xubilación. E que , por suposto, vémonos na loita. Grazas por todo Carme.

Exit mobile version