Burela, 27 de abril, 2021. A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” saca á venda a segunda edición especial de Galletas Mariñas polo día da nai, elaboradas artesanalmente e con todo o cariño e entusiasmo ó abeiro do proxecto de integración na comunidade “Mental Health Chefs”, “Cocineros de la Salud Mental”.
O Obradoiro artesano liderado pola chef Lola Rouco, xa está de novo en
marcha, sacando ó mercado a partires deste martes, o segundo lote de caixas, unha edición especial para o día da nai, a un prezo de 5€.
Agardan que a iniciativa teña tanta repercusión como tivo polo día do pai. Este martes segundo levaron o primeiro reparto ó Restaurante Rías Altas en Barreiros, nunha hora estaban esgotadas.
Nesta ocasión amplíanse os puntos de colaboración e venda das galletas ata o próximo domingo, xa que moitas persoas a través do Facebook demandaban a venta noutros Concellos da Comarca :
-O Lugar das Marías, no Concello de Xove
-Regal Porta da Vila, en Viveiro
-A Casa da Avoa, en Burela
-A Campanilla, en Cervo
-A Sacabeira, en Sargadelos