Hoxe día 22 de Abril dentro da actividade de Terapia Mar levouse a cabo unha charla didáctica “Explorando o mar na Mariña Lucense” impartida pola bióloga Elena Barcelo Culebras. A charla tivo lugar ás 11:00 h no Salón de Actos da Cofradía do Mar de Burela. Así da man desta profesional, unha trintena de persoas con enfermidade mental, achegáronse á realidade do mar que nos rodea e seguiremos a achegarnos dunha forma integral ao coñecemento do mundo mariño, ao tempo que contribuímos ao mantemento da estabilidade clínica e a mellora da calidade de vida das nosas usuarias e usuarios.
Coincidiu cun día soleado e estupendo o que favoreceu que posteriormente camiñaran polos arredores, marabillándose do bonito escenario mariño.